top of page

APROSACE nace cunha idea fundamental: a unión. A unión das ideas, dos coñecementos, das persoas... E para conseguilo marcámonos uns obxectivos que non deixan de mudar, de medrar e evolucionar para facer desta asociación unha ferramenta útil para os e as profesionais da saúde do noso pobo e para os nosos veciños e veciñas.

OBXECTIVOS

 

Promoción da Saúde e Divulgación
Queremos dar a coñecer, á poboación xeral, todas aquelas cuestións que son importantes sobre a nosa saúde: hábitos de vida saudables, primeiros auxilios, coñecemento do sistema sanitario e de protección social...Todo canto nos axude a ter unha mellor calidade de vida e uns coñecementos máis amplos sobre o noso corpo e o que nos rodea.
Cremos firmemente que o coñecemento é un piar fundamental para que o noso desenrolo físico, persoal e social sexa completo.
Colaboración



APROSACE non naceu para quedar estancada nun círculo pechado. A colaboración coa administración e con outras asociacións da zona é moi importante á hora de difundir os nosos obxectivos, e lévanse a cabo na medida en que van xurdindo actividades e proxectos.

Investigación
 
Para mudar as cousas e facelas mellores, hai que coñecelas en profundidade. Para coñecelas, debemos investigalas. Este tamén é un dos obxectivos da nosa Asociación: a investigación en varios campos, nos que atopemos necesidade de percorrer novos camiños.
Docencia

​No Talmud di "Quen non engade nada ós seus coñecementos, diminúeos".

Non son as nosas profesións aptas para olvidarse dos libros e a aprendizaxe. A renovación e a reciclaxe deben ser constantes en calquera dos ámbitos da saúde: novas técnicas, novas leis, novos problemas que resolver...

Por iso dende APROSACE queremos proporcionar acceso a cursos, material, charlas. etc para seguir aprendendo e medrando nas nosas profesións.

​Avance

O avance é básico para a mellora da nosa saúde. Por iso dende APROSACE tamén reivindicamos a mellora no investimento  para a investigación que realizan os grandes profesionais que ten o noso país. 
Tamén o avance para mellorar as leis que rixen o noso sistema sanitario e os nosos dereitos como seres humanos.
Intercambio
Intercambio de ideas, intercambio de coñecementos, intercambio de opinións.

Tamén intercambio de tempo, de experiencias, de risas e de contos. 

Intercambio entre profesionais e tamén cos lectores desta páxina e con quenes nos coñezades.

bottom of page